Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo deu traslado a Seprona da aparición de varias troitas mortas no río Xunco

 Cervo, 28 de agosto de 2020. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, acompañados de técnicos municipais, desprazáronse esta mañá ata as inmediacións do Río Xunco en Cervo, onde puideron constatar en primeira persoa, e tras ser alertados por un veciño do lugar, a presenza de varias troitas mortas no seu curso.
O último lugar no que se detectan os peixes mortos é na contorna da presa de Sargadelos; e nunha primeira análise queda descartado que a causa poida estar relacionada co funcionamento das depuradoras que operan na zona.
Desde o Concello xa puxeron en coñecemento do SEPRONA os feitos e agardan que desde o Servizo de Protección da Natureza poidan esclarecer canto antes a causa desta mortaldade.

Exit mobile version