Crítica situación no servizo de cardioloxía
Destacouse a crítica situación no servizo de cardioloxía que a día de hoxe conta cun só especialista para a atención de 70.000 persoas da comarca. Este servizo xa era deficitario previamente a esta eventualidade, con agardas de ata dous anos para facer probas e consultas. Por eso o BNG esixe que o Parlamento inste á Xunta que se restableza o servizo como mínimo ao nivel previo de setembro de 2020.
As demandas mariñás serán levadas ao Parlamento ante a continua perda de servizos desde a eliminación da Área Sanitaria
Daniel Castro recolleu todas as demandas, ás que se lles dará curso no Parlamento para instar á Xunta á restitución dos servizos perdidos e o reforzo de moitos deles, coma nos casos de reumatoloxía, xinecoloxía, oncoloxía, pediatría….O deputado nacionalista anunciou xa a presentación dunha iniciativa a respecto da situación do servizo de cardioloxía e manifestou que “por desgraza, este é só un dos múltiples déficits e eivas que presenta o Hospital da Mariña, un hospital que día a día está vendo reducidos os servizos e prestacións que lle pode ofrecer á sociedade mariñá a pesar da ampliación de infraestruturas, que na realidade non foi mais que un aumentos de metros cadrados cunha diminución da calidade da nosa sanidade pública”.
Demandas históricas de Foz en materia sanitaria
Outra das iniciativas que levará ao Parlamento será tamén a solicitude da creación dunha praza estrutural de enfermeir@ especialista en obstreticia-xinecoloxía (matrón/matrona no Centro de Saúde de Foz e recuperar tamén os servizos sanitarios perdidos neste concello como a ambulancia nocturna , o servizo de urxencias de tarde, a praza de auxiliar de enfermería amortizada en 2017, a segunda praza de TES na ambulancia medicalizada e a adecuada cobertura das ausencias dos profesionais cando se produzan.