Viveiro, 25 de febreiro, 2021. No tempo de pandemia que estamos a vivir, coa falta de reunións sociais e as restriccións na mobilidade que conleva a situación, son cada vez máis as persoas que se animan a realizar exercicio físico de xeito individual ou con persoas conviventes.
Ante a incertidume de canto tempo durará esta situación e a necesidade de ofrecer espazos alternativos para estas prácticas deportivas, o BNG de Viveiro rexistra as seguintes preguntas para que sexan respondidas pola alcaldía no vindeiro pleno de marzo:
.De todas as instalacións deportivas que existen no concello, tanto cubertas como ao aire libre, cales se están a usar e cales están fechadas?
.Existen acordos de cesións de instalacións deportivas a algunha asociación? Que instalación se cedeu? A que asociación? En que condicións?
.Como é o procedemento que ten que seguir calquera veciñx que queira acceder ao seu uso?