Por outra parte, avanzou que o BNG levará entre as iniciativas a debater no pleno, unha proposición non de lei para reforzar da sanidade pública co fin de atender debidamente as doenzas non-Covid19 e especialmente, a elaboración “dun Plan de choque fronte ao cancro”.
Rodil explicou, tras a Xunta de portavoces, que o persoal sanitario e investigador vén advertindo das enormes consecuencias que está a ter a pandemia, especialmente para pacientes de cancro con “diagnoses que se demoran, consultas e probas que se adían, operacións que se aprazan e un enorme impacto emocional que non pode ser obviado”. Esta situación dixo, merece todo o esforzo público para evitar que se prolongue porque as declaracións intitucionais non chegan, “fan falta medidas e sobre todo recursos”, sentenciu.
No Pleno, engadiu Rodil, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón preguntará a Feixóo se cre que está a defender os intereses das galegas e galegos nesta pandemia? e defenderemos unha proposición non de lei sobre os fondos europeos. “Esta fin de semana vimos ao Partido Popular moi nervioso porque o BNG presentou, como saben, o documento Xerar Futuro. Galiza NEXT.” E tamén comprobamos no Pleno anterior como “Feixóo estaba desencaixado ante a pregunta de Ana Pontón sobre os Next Generation”. Quedou en evidencia, que “o PP non ten unha proposta seria e solvente para este país” afirmou.
Fronte a unha Xunta de Galiza convertida en “comercial das grandes empresas do IBEX”, o BNG poñemos por diante os intereses de Galiza, das maiorías sociais e tendemos a man ás demais forzas da Cámara para tecer unha estratexia de país que impida que Galiza saia discriminada no reparto dos fondos europeos comezando por xestinar de maneira directa eses recursos extraordinarios.
Tamén interpelaremos ao goberno sobre a situación laboral das mulleres. Nos últimos datos publicados pola EPA ,o 75% do emprego destruído en Galiza no último ano estaba ocupado por mulleres. Isto débese a que a actual crise ten un impacto enorme en sectores amplamente feminizados como os coidados, servizos, comercio, alimentación…, sectores onde as mulleres son traballadoras e tamén empregadoras. “Urxe abordar con perspectiva de xénero esta situación”, concluíu.