En 2017 o BNG de Foz presentou unha proposta para a creación dunha praza de enfermeira/o especialista en obstetricia- xinecoloxa (Matrón/a), o PP na Xunta non fixo ningún caso. En resposta fixo desaparecer a Area Sanitaria. Ista categoría profesional ten por riba das funcións que realizan na atención ao parto, outras que, realizan na atención primaria e que son de enorme importancia para a saúde reproductiva e non reproductiva das mulleres: pódense encargar de realizar citoloxías, informar sobre métodos anticonceptivos, ser asesoras no climaterio e coordinar esforzos para a detección do cancro de cérvix. A ausencia de matrona nun Concello como o de Foz, cunha natalidade das mais altas da provincia (segundo os dados do Instituto Galego de Estatística), é indefendible e unha clara discriminación con respecto a outros concellos, e como se contemplaba no Centro de Saúde de Foz que tiña e ten espazo físico para esta figura, mais nunca foi dotada. O pasado mes de xaneiro de 2021 nunha enmenda aos orzamentos da Xunta, o BNG solicitou a creación desta figura e o PP rechazouna. Por tanto 4 anos despois da previa e diante a necesaria remuda na Consellería de Sanidade non fixo que mudaran o desinteres do PP por Foz, por iso reiteramos a necesidade po lo que, O BNG solicita en moción que o Concello realice as xestións diante do Sergas para: crear unha praza de enfermeira/o especialista en obstetricia- xinecoloxía no CS de Foz e recuperar os servizos sanitarios detraidos do noso concello nomeadamente a Area sanitaria, a ambulancia nocturna, o servizo de urxencias de tarde, a praza de auxiliar de enfermería amortizada en 2017, a segunda praza de TES na ambulancia medicalizada, e a adecuada cobertura das ausencias dos profesionais cando se produzan.