Site icon Crónica3.com A Mariña

O alumnado de 6º de Primaria do Ceip Virxe do Carme fixo unha excursión por Burela xunto ás monitoras de Gaia. Os rapaces achegáronse ata lugares descoñecidos para eles

As monitoras de Gaia explicaron que “onte e esta mañá estivemos cos alumnos de 6° de Primaria do Ceip Virxe do Carme de excursión por Burela. Visitamos parte dos lugares con máis historia de Burela: a igrexa de Santa María, a igrexa da Vila do Medio, o castiñeiro centenario, a fonte e o lavadoiro do Souto, o escudo da Casa da Torre e o Pazo de Vilar”. E engadiron “sobre todo centrámonos na historia de Burela, cando era un importante porto baleiro, cuestión que case todos os rapaces descoñecen. E na igrexa da Vila do Medio do século XV, coas as súas pinturas murais, unhas grandes descoñecidas para moitos”.

Exit mobile version