Ribadeo, 1 de febreiro de 2020. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que o Concello non recibiu ningunha comunicación formal ou solicitude de autorización para a celebración hoxe do Illa Pancha Challenge. As competencias municipais estarían relacionadas coa reserva de aparcadoiros ou a xestión do tráfico de vehículos polos viarios municipais. Algo que non se podería ter autorizado en ningún caso, dadas as restricións decretadas pola Xunta para facerlle fronte ao covid19.
O rexedor declarou que “nós non temos ningunha comunicación formal ou solicitude de autorización do que puidera ser de competencia municipal, como a reserva de aparcadoiros ou a xestión de tráfico de vehículos polos viarios municipais, etc…, algo que evidentemente tampouco se podería ter autorizado en ningún caso, dadas as restricións que imperan en Galicia decretadas pola Xunta. As competicións ou probas deportivas no mar non son competencia municipal, polo que tampouco se puideran ter autorizado polo Concello no caso de teren sido presentadas”.
Suárez Barcia dixo que “desde o Concello descoñecemos como os surfistas chegaron ata Ribadeo, por qué tipo de controis pasaron, quen os verificou ou se teñen controis sanitarios”.
O alcalde engadiu: “como reflexión a esta situación cabe dicir que a planificación de todo tipo de eventos deportivos debe estar feita coa antelación necesaria para que as administracións, que poidan ter algo que ver, poidan emitir as autorizacións pertinentes e, para o caso de telas, deberían ser comunicadas ao resto de administracións polos condutos regulamentarios establecidos”.
O Alcalde de Ribadeo asegura que o Concello non recibiu ningunha comunicación formal para a celebración do Illa Pancha Challenge
- Seguinte
Giovana Julieta Tineo é a última incorporación na relación de profesionais que coida da saúde dos equipos sénior do Pescados Rubén Burela FS. A doutora colaborará nas tarefas coordinadas polo xefe médico da entidade, Francisco Javier Fernández Couce, responsable ademais das medidas de Protocolo Covid-19