Eijo sinalou que “deste xeito, segue a acometerse o programa de repoboación urbana e forestal promovida desde o Concello, rexenerando ditos espazos con especies como carballos, cerdeiras, castaños, liquidámbar ou bidueiros”. A concelleira engadiu que “o devandito programa constitúe un primeiro paso cara o futuro plan de acción para o clima e a enerxía sostible, en cuxo documento se está traballando actualmente no Servizo de Medio Ambiente do Concello”.