Site icon Crónica3.com A Mariña

Medalla de prata sub23 e bronce en Elite Mulleres Para Yolanda Rodríguez en tiro olímpico

A Mariña, 25 de febreiro, 2021. A atleta mariñá Yolanda Rodríguez Fidalgo, realizou unha boa actuación a pasada fin de semana na Copa de Rei celebrada no Centro de alto rendemento de tiro olímpico Las Gavias de Granada. A deportista tivo a mala fortuna, xunto coa súa compañeira Sonia Prado, de que os dous días lles tocase na primeira quenda, ás sete e cuarto da mañá nos seus postos de disparo, o que lles obrigou a madrugar, tendo que levantarse ás cinco da mañá con bioritmos baixos.

Aínda así o rendemento foi notable, pero puido ser potencialmente mellor. Nunha competición de menos a máis, logrou a medalla de prata individual, e na competición por equipas Yolanda Rodríguez, Sonia Prado e Rosario Martel acadaron o Bronce en dama Elite, modalidade de pistola de precisión cupón Branco a dez metros.

Yolanda Rodríguez volva así avalar a súa presenza no Campionato de España de Tiro Olímpico que se celebrará en LLoret de Mar.

Exit mobile version