Site icon Crónica3.com A Mariña

Javier Losada compromete o impulso do Goberno ao terceiro acceso ao núcleo urbano de Foz, a través da N-642

A Coruña, 10 de febreiro de 2021. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, comprometeu hoxe co alcalde de Foz, Francisco Cajoto, o impulso do Executivo ao terceiro acceso ao núcleo urbano da localidade, en concreto a través da estrada nacional 642. Fíxoo durante un encontro de traballo co rexedor a través de videoconferencia.
Javier Losada detallou ao alcalde que o acceso ao núcleo urbano de Foz está actualmente en fase de estudo. Está previsto abordar a actuación, o deseño e o posible financiamento nun próximo encontro de carácter técnico entre o Executivo, o propio rexedor, a Demarcación de Estradas do Estado e a Unidade de Estradas do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana.
Atópase en estudo tamén a posibilidade de crear unha glorieta na Corredoira, no cruzamento entre as estradas N-642 e LU-152. En todo caso, o delegado do Goberno exemplificou o compromiso do Executivo con Foz co aumento de gálibo en catro pontes sobre a N-642 ao seu paso polo municipio ou o reforzo do firme da mesma vía.
A reunión serviu, en palabras de Javier Losada, para abordar as “prioridades en materia de infraestruturas e medio ambiente” do Goberno local de Foz. Entre elas está tamén o carril bici Rapadoira- Peizás e a adecuación da praia Rapadoira-Llás, cun orzamento de licitación de case 460.000 euros, pendente da aprobación definitiva.
O delegado do Goberno comprometeuse co alcalde para trasladar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica as cuestións desta área, que inclúen tamén a obtención de espazos para uso público e a execución dun carreiro peonil entre as praias de Peizás e Pampillosa. Conta cun orzamento próximo aos 16.000 euros e ten previstos avances en materia de execución en marzo.

Exit mobile version