O encargo do que fala Cajoto do informe do 2014 prodúxose a petición do propio pleno, que despois de entender que era moi complexo que os técnicos municipais desenrolaran a fórmula de actualización, decidiu que fose un tecnico externo. Estando de testigo o Sr. Cancio e os concelleiros socialistas, despois non adscritos.
Dito informe foi exposto a todos os grupos e trataba de desenrolar unha formula asumida e firmada polo goberno socialista no 2017 ao prorrogar por segunda vez un contrato de 1992 de 5 anos de vixencia.
Se o Sr. Cajoto quere saber porque existía a fórmula de actualización, pode preguntarlle ao seu mentor o Sr. Rivera, que foi quen prorrogou o contrato con Gestagua malia a oposición do PPe do BNG daquela.
Aplicar as actualizacións non é cousa do Partido Popular, o señor Rivera despois de firmar a prórroga no 2007 xa demandaba como alcalde no pleno a actualización correspondente. O raro foi que despois na oposición votaba en contra do que él mesmo firmara.
Recomendámoslle a Cajoto que se deixe de falsidades, e non desvíe a atención, asuma a responsabilidade do seu partido na perda de fondos públicos co servizo da auga e depuración, e que cumpla os seus compromisos electoriais.
Si en todo caso agora non vai a municipalizar o servizo de augas e depuración como prometían na oposición, que retome os pregos da concesión, iniciados no 2018 polo goberno popular (e que Psoe e BNG votaron en contra por preferir a municipalización), e evite seguir perdendo fondos municipais, como vai ter que facer con este millón longo de euros, que a xustiza decidiu condenar a pagar.