Site icon Crónica3.com A Mariña

Información das instalacións deportivas do Concello de Cervo

 Cervo, 1 de febreiro, 2021. Tal e como informa o edil de Deportes, David Rodríguez, e ante as novas medidas de prevención fronte ao COVID-19 que tan só permiten a realización de deporte individual ao aire libre e sempre usando máscara, desde o pasado mércores, 26 de xaneiro, permanecen pechados/as:
.A piscina municipal (salvo no caso excepcional do alumnado do Ciclo de Grao Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva cuxa formación práctica require do uso desta instalación)
.O ximnasio municipal
.O Complexo Deportivo da Veiga
.No caso das ESCOLAS DEPORTIVAS INFANTÍS, quedan suspendidas as clases presenciais, pero ofertaranse actividades dirixidas por vía telemática para que os pequenos poidan seguir facendo exercicio desde a casa
.No caso das ESCOLAS DEPORTIVAS DE ADULTOS, quedan suspendidas as clases presenciais, pero ofreceranse sesións de pilates, zumba e ximnasia de mantemento a través dunha plataforma virtual para que as persoas usuarias poidan seguir coa súa rutina desde a casa cos seus monitores.
.Ante calquera dúbida contactar co teléfono 982 55 77 77 en horario de mañá
.Durante este tempo o Concello de Cervo non emitirá ningún recibo ás persoas usuarias destes servizos e instalacións municipais

Exit mobile version