Barreiros, 25 de febreiro de 2021. José Manuel Gómez Puente mantivo este xoves unha reunión de traballo co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, para abordar distintos proxectos estratéxicos para o municipio. Nese sentido, o popular pediulle o seu apoio de cara a unha maior implicación do Galego galego naqueles que considera importantes para o municipio.
Inicia así o seu labor como portavoz do Grupo Municipal Popular de Barreiros, despois de asumir onte mesmo o relevo de Alfonso Fuente Parga no cargo durante a sesión plenaria da corporación municipal.
O encontro serviu como primeira toma de contacto no que mostrou a súa implicación, responsabilidade e o seu interese por seguir de preto os proxectos importantes para os veciños de Barreiros. De feito, analizaron distintos asuntos “fundamentais para o municipio” que precisan do apoio da Xunta.
Gómez Puente asume a portavocía “coa máxima entrega e dedicación” e explica “inicio unha nova etapa de compromiso e de traballo para axudar a que se fagan novas actuacións nas diferentes parroquias e dotalas de novos e mellores servizos”. O popular considera que “hai estancamento na xestión do equipo de goberno de Barreiros e por iso tomei esta iniciativa e me dirixín hoxe ao delegado autonómico”, afirma.