Site icon Crónica3.com A Mariña

Giovana Julieta Tineo é a última incorporación na relación de profesionais que coida da saúde dos equipos sénior do Pescados Rubén Burela FS. A doutora colaborará nas tarefas coordinadas polo xefe médico da entidade, Francisco Javier Fernández Couce, responsable ademais das medidas de Protocolo Covid-19

Francisco Javier Fernández Couce, co apoio agora de Gio Tineo Rojas, e coa supervisión externa da clínica Maas+Saúde, fai seguimento dos xogadores e xogadoras laranxas para que afronten a competición nas mellores condicións, co traballo diario dos seus respectivos corpos técnico-médicos: os preparadores físicos Alfonso Mera e Pablo García, os fisioterapeutas Tulio García e David Mariña, co reforzo de L2 Fisioterapia, o masaxista Xurxo Rodríguez, a enfermeira Natalia Fernández e as nutricionistas Cristina P. Rodil e Alba Vila, ademais do podólogo Miguel Ángel Murias.

Exit mobile version