Site icon Crónica3.com A Mariña

Ecoloxistas en Acción festexa o inicio da fin da caza do lobo en España

Compostela, 5 de febreiro, 2021. As ecoloxistas agradecen asemade ao Ministerio e ás comunidades autónomas a súa postura favorable á protección do lobo en liña coa postura do comité asesor científico e da sociedade en xeral, que esixe unha xestión da fauna que se alonxe dos postulados de lobbys non científicos, como así o demostrou durante anos mediante a movilización social da que formamos parte.

Dende Ecoloxistas en Acción lamentamos a postura contraria á protección do lobo por parte da Xunta de Galicia, que está moi alonxada dos criterios sociais e científicos que debería defender. Esiximos á presidendia e ás consellerías implicadas, non so a protección inmediata do lobo, senón tamén o reforzo humano e material da gardería medioambiental da Xunta de Galicia para facela efectiva e, que se implique na persecución doa autores das mortes de lobos acontecidas nos montes galegos.

O lobo é unha especie fundamental para equilibrio ecolóxico dos ecosistemas, principal depredador natural das poboacións de xabaríns. Instamos á Xunta de Galicia a que vexa no lobo un aliado natural para o control das poboaciósn de herbívoros e de enfermidades que poden afectar ao gando, e non tanto como un inimigo. O lobo é un depredador apical, e as súas poboacións non precisan de ningún control letal por parte dos humanos, como así o demostrou xa a ciencia.

As ecoloxistas agardamos que o Ministerio para a Transición Ecolóxica publique canto antes a inclusión do lobo na listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial no BOE, para facer efectiva canto antes a protección estricta da especie no país.

Exit mobile version