Site icon Crónica3.com A Mariña

Diante da reforma da lei de saúde, o BNG propón recuperar a área sanitaria da Mariña

A Mariña, luns 22 febreiro 2021. En rolda de prensa celebrada hoxe en Burela diante do Hospital da Mariña o deputado mariñao Daniel Castro, acompañado de cargos institucionais da comarca avanzou as alternativas do BNG diante da proposta de modificación da lei 8/2008 de 10 de xullo, de Saúde de Galicia, presentada polo PP. Castro recordou que o PP volve a lexislar sen diálogo, con oscurantismo e opacidade, unha lei que cambia os dereitos sanitarios e provoca unha merma dos mesmos.

Reforzo da Atención Primaria
O BNG a través de emendas a esta lei que vai este martes 23 ao Parlamento, propuxo reforzar o sistema sanitario revertendo os recortes dos últimos anos que manteñen aínda hoxe a Atención Primaria cun orzamento inferior ao de 2009, contratando mais persoal necesario, rematando coa precariedade e poñendo mais mais medios a disposición dos profesionais e usuari@s. Daniel Castro recordou que a Atención Primaria está sendo especialmente castigada nesta pandemia, cando é a porta de entrada dos pacientes Covid, unha causa mais pola que o seu orzamento tén que ser reforzado na comarca da Mariña e en todo o país como xa tén demandado moitas veces o BNG.

Recuperación da Área Sanitaria
Mario Pillado e Montse Porteiro que interviron tamén na rolda de prensa, incidiron ao igual que Castro na necesidade de recuperar a Área Sanitaria da Mariña, suprimida polo PP e recuperar os servizos perdidos a raíz desa supresión que foi o último gran ataque do Partido Popular á sanidade pública na comarca. O portavoz municipal do BNG en Burela advertíu das carencias no eido sanitario a nivel local, en servizos coma o de pediatría con problemas de persoal, o de fisioterapia, que non existe no centro de saúde burelao, ou a reducción de consultas en horario de tarde no Centro de Saúde. Referíuse tamén Pillado á situacion que vive a vila que estando xa no cuarto peche perimetral ainda siguen agardando polo cribado masivo que solicitaron hai unhas semanas dada a situación especial de Burela, cun hospital e un porto que tenen unha mobilidade difícil de controlar.
Montse Porteiro fixo referencia a varios dos servizos que se están vendo mermados coma o de cardioloxía, agora mesmo con cun só cardiólogo para 70.000 habitantes, servizo que xa era precario tamén cando eran tres cardiólogos, e dándose casos de agardar un ano para a realización dunha proba de esforzo. E aludíu tamén ao feito de dispoñer dunha soa médica rehabilitadora para a comarca ou un só reumatólogo ou da necesidade de dispoñer dun radiólogo máis.

É necesario un sistema de investigacion sanitaria forte
O BNG apoosta por un sistema sanitario forte con condicións laborais dignas co que ser quen de dar mellores respostas non só á pandemia senón aos problemas de saúde da poboación mais aló do Covid19, “porque a xente desgrazadamente segue tendo cancro, problemas de corazón e enfermadades de todo tipo e estamos vendo como se retrasan diagnoses e tratamento por falta de recursos” afirmou Castro, que apuntou tamén que según datos dos profesionais, no conxunto de Galiza se fixeron 600.000 consultas menos, 3.000 operacións menos, e 20.000 probas diagnósticas menos.

Exit mobile version