Este mércores, 24 de febreiro, ten lugar unha efeméride moi importante no calendario galego: o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das nosas letras. Para conmemoralo, desde a delegación de Cultura, queremos convidarvos a participar no concurso “Versos de Rosalía”. Envíanos os dous versos que máis che gusten da escritora no formato que desexes (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto…). Valorarase a orixinalidade. Establécense dúas categorías: Sénior e Xuveni, con tres premios en cada unha delas. Fainos chegar as túas creacións antes das 17:00 horas deste mércores 24 de febreiro ao correo dinamizacion@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 691 656 600. Recorda incluír o teu nome e apelidos, idade, teléfono e lugar de procedencia. Os/as gañadores/as daranse a coñecer ás 20:00 horas do mesmo 24 de febreiro.
Día de Rosalía no Concello de Cervo
Día de Rosalía no Concello de Cervo
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
A colaboración de artistas da Mariña converte o Museo do Mar de San Cibrao nun espazo de sensibilización sobre o alzheimer
-
A Xunta dá continuidade ao obradoiro de emprego de xardinería que promoven os concellos de Cervo, Xove e Burela