Despois de tres tempadas e media dirixindo o conxunto mariñán, na súa despedida o Mariskal tivo palabras de agradecemento para o club, a afección e o mundo do fútbol sala:
“Grazas ao club e directiva pola oportunidade. Grazas á familia do Pescados Rubén.
Grazas á afección, noteinos sempre preto e identificados co que transmitía o seu equipo.
Grazas aos xogadores destes catro anos. TODOS, as 4 TEMPADAS. Todos axudaron a transformar isto.
Grazas aos empregados do club. Son un valor engadido, un activo importante.
E como non? Grazas ao corpo técnico: Mera, Tulio, Míchel, Cristina, Miguel, Javi Couce, Casiano, Antonio, Anselmo, Guillén… un gran labor desinteresado.
A Cristian, Mario… Á Base pola súa grande importancia, reflexo do primeiro equipo.
TODOS me fixestes a vida máis doada.
Grazas por todas as mostras de apoio que estou a recibir, de adestradores, exxogadores…
Como lles digo sempre aos xogadores, forma parte do camiño e da cómoda vida do adestrador.
Voume coa satisfacción de transformar un equipo, uns xogadores en algo máis que iso, de ter unha visión para o club e conseguila; coa satisfacción e a tranquilidade do deber cumprido.
O máis importante é o que deixas e iso significa deixalo en mellor lugar do que o atopaches. FOI UN RETO BONITO.
Sempre estiven moi orgulloso de relacionar palabras con comportamentos, moi orgulloso de poñer rumbo e dirección, moi orgulloso de crear, manter e cumprir obxectivos. Os feitos para min son realidades.
Foron 1200 días da miña vida de Autenticidade, Claridade, Disciplina e Coherencia. Sempre tratei de facer e facer máis, iso é o meu éxito.
A loita diaria reflicte a cultura que deixamos. AMO O QUE FAGO.
A viaxe continúa. Cando tes un porqué sopórtase calquera como. AGORA toca a Familia.
Grazas a MARIAJO, GABRIEL E JIMENA. Agora toca devolvervos uns poucos deses días. SODES O VERDADEIRO MOTOR. Seguimos.”