O popular explica que “o goberno local debe pagar o que debe” e, a partir de agora, “executar máis rápido o pago das subvencións ás asociacións”. Nesa mesma liña, Vega insta aos nacionalistas a “eliminar a burocracia” porque “moitas veces é absurda. Todos sabemos que estes colectivos están traballando na defensa de Ribadeo a pesar de contar con pouco orzamento”. E, aínda por riba, continúa, “o goberno do BNG complícalles máis a vida con burocracia e non pagando as subvencións pendentes dende o 2018”. Neste sentido, o voceiro do Grupo Municipal Popular pídelle “responsabilidade” ao equipo de goberno.
Vega salienta que “estamos de acordo en que se aprobe unha cantidade para estes colectivos, pero tamén en que a cheguen a percibir”. O popular cre que “se podería incrementar un pouquiño” e contribuír, así, “a sufragar obras que teñen pendentes”.
Axudas da Xunta
O voceiro popular engade tamén que “o Grupo Municipal Popular está a xestionar ante a Xunta de Galicia axudas para beneficiar a todos estes colectivos da vila e do rural”.