Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristina volverá pasar polo quirófano o vindeiro martes

Burela, 25 de febreiro, 2021. Cristina Pérez terá que volver pasar polo quirófano o vindeiro martes, 2 de marzo, para someterse á terceira cirurxía do seu xeonllo dereito.

Tras a rotura de ligamento cruzado anterior e ligamento colateral medial da que foi operada en abril de 2019 na clínica FREMAP de Majadahonda, a pivote murciana puido regresar ás pistas a finais de ano. Con todo, tras o título de liga conquistado en Málaga en xuño de 2020, foi intervida de novo por unhas adherencias no xeonllo. Nesta ocasión, o persoal de traumatoloxía da clínica San José de Alcantarilla encargarase de realizar unha artroscopia, ademais de tratar a inestabilidade da zona.

Exit mobile version