Site icon Crónica3.com A Mariña

Cortada polo arranxo dun afundimento na calzada a LU-P-6306 na parroquia do Pereiro, en Alfoz

 Lugo, 9 de febreiro 2021. Os servizos de Xestión Territorial da Deputación de Lugo traballan no arranxo da estrada LU-P-6306, en Alfoz, na parroquia do Pereiro, tras producirse onte un afundimento na beira da calzada á altura do quilómetro 2. As intensas chuvias das últimas horas puideron causar este incidente segundo as primeiras avaliacións técnicas.

A institución provincial mantén cortada esta estrada, que une Alfoz na súa parte máis montañosa coa parroquia do Cadramón, no Valadouro. Os operativos sinalizaron o lugar e comezarán coa reposición da drenaxe da estrada para despois renovar o firme neste punto.

A previsión é que esta semana se poida restablecer de novo ao tráfico, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables e faciliten o correcto desenvolvemento das actuacións. O obxectivo é garantir a seguridade dos usuarios e usuarias desta vía provincial e causarlles o menor prexuízo posible.

Exit mobile version