Site icon Crónica3.com A Mariña

Convocatoria de Peque e Ale con España

 Burela, 1 de febreiro, 2021. As xogadoras do Pescados Rubén Burela FS Peque e Ale de Paz teñen por diante un novo reto internacional defendendo a España. A Selección incluíu, unha vez máis, a madrileña e a galega na súa lista de convocadas para medirse nun duelo de titáns fronte ao Brasil, os días 9 e 10 de febreiro, na Cidade do Fútbol de Las Rozas.

Para ambas as burelistas este será o terceiro chamamento de Clàudia Pons no que vai de tempada, aínda que a 7 mariñá non puido participar nos dous anteriores por problemas físicos.

Neste espectáculo entre as dúas grandes potencias do fútbol sala brillará o laranxa sen ningunha dúbida, cun total de 6 xogadoras do Pescados Rubén. Peque e Ale Paz mediranse a un combinado que contará tamén coa garra das Guerreiras representada por Jozi, Dany, Cami e Jane.

Ambas as seleccións concentraranse nas instalacións da Real Federación Española de Fútbol entre o 7 e o 11 de febreiro. Tanto o partido do martes 9 como o do mércores 10 arrincarán ás 21.00 horas e poderán seguirse en directo pola canle Teledeporte de RTVE.

Exit mobile version