Site icon Crónica3.com A Mariña

Cely, intervida con éxito

Burela, 16 de febreiro, 2021. Cely xa pode empezar a pensar na súa recuperación, tras a exitosa intervención desta mañá do seu xeonllo esquerdo, por unha artrose uncompartimental externa. A 23 do Pescados Rubén Burela FS pasou polo quirófano para un transplante de aloenxerto meniscal externo con prato tibial.

Tras a operación realizada polo traumatólogo Francisco Forriol, a ala brasileira aínda permanecerá uns días no hospital Nuestra Señora del Rosario. Unha vez recibida a alta na clínica madrileña, Cely continuará co proceso de recuperación en Burela, supervisada polos profesionais médicos da entidade laranxa.

Exit mobile version