“Na provincia de Lugo séguese a discriminar a Atención Primaria cun orzamento que aínda está por debaixo do de 2009, ao mesmo tempo que se centralizou a atención hospitalaria no HULA, o que fai que as camas de UCI estean na súa práctica totalidade en Lugo”. Actualmente, debido ao sistema de áreas sanitarias imposto polo goberno galego, o Hospital da Costa só conta con 7 camas UCI, mentres que o hospital de Monforte non conta con este servizo.
A deputada do BNG criticou que “esta modificación da lei de saúde supón suprimir e limitar dereitos fundamentais sen un límite temporal claro”, e afirmou que “o PP pretende limitar e confinar os dereitos fundamentais das galegas e galegos”. Carme Aira explicou que “o PP leva adiante esta modificación, novamente, pola vía da urxencia e sen contar coas propostas e modificacións do BNG e dos colectivos vencellados á sanidade”