Estas incorporacións responden á aposta decidida da presidenta provincial do PP por sumar mozos e mozas ao proxecto do Partido Popular e ao compromiso do voceiro local do PP, Manuel Rouco, por avanzar na renovación e aposta continúa polos novos talentos que son “o futuro do Partido”, manifesta.
Rouco destaca que “o bo facer ao longo dos últimos tempos dentro da agrupación municipal do PP destas dúas mozas que agora se incorporan tamén á xunta directiva provincial de NNXX”.
Nese sentido, lembra que a agrupación de NNXX de Burela é “unha escola de xoves talentos” que se incorporan ao PP local. De feito, nos últimos anos moitos dos seus membros puideron demostrar a súa capacidade de traballo en beneficio de Burela “colaborando con diferentes gobernos locais dos populares como concelleiros e concelleiras á fronte de diversas áreas”, manifesta o voceiro.
Nesta ocasión, a responsabilidade trasládase tamén ao ámbito provincial onde Belinda e Yaiza traballarán ao servizo da agrupación provincial de NNXX, despois de demostrar a súa valía tamén na formación local.