Coas autorizacións oportunas, ata a capital asturiana se desprazou o atleta ribadense, onde participaría na disciplina de lanzamento de peso Sub16 en pista cuberta.
Pese a un comezo algo dubitativo, os resultados foron moi satisfactorios, posto que Brais superaría o seu mellor rexistro anterior en 1,61 m, co que establece a sua mellor marca persoal en pista cuberta en 11,94 m.
Os respectivos lanzamentos foron: 10.95-10.11-10.61-11.63-11.78-11.94 m.
Nunha tempada marcada polas limitacións a nivel de competición e de adestramento, con todalas instalacións municipales deportivas pechadas a día de hoxe, Brais ten que suplir todas estas carencias con esforzo, traballo e adicación, para non perder ritmo e poder seguir estando no máis alto do ranking galego da especialidade.