Site icon Crónica3.com A Mariña

Brais Díaz Salas, 4º no Campionato Galego de lanzamentos longos

Ribadeo, 28 de febreiro, 2021. Na tarde deste sábado 27 de febreiro, o atleta ribadense desprazouse ás pistas do Centro de Tecnificación deportiva de Pontevedra, onde entre outros campionatos, se celebraba o galego de lanzamentos longos. Brais participaba na disciplina de lanzamento de xavelina categoría sub16, onde acadaría a cuarta posición cuns lanzamentos de Nulo – 29,42-29,12.

Debido a un gran erro por parte dos xuices, Brais viuse privado de entrar na tanda de mellora, onde si entraron atletas que tiñan peor marca na tanda inicial, co que Brais non dispuxo de tres novos intentos onde poder mellorar marca e optar a medalla. Un erro acrecentado máis se cabe, debido a que os atletas en ningún momento eran informado das marcas que estaban acadando, polo que non podían saber en ningún momento a clasificación provisional. A sorpresa saltou minutos despóis de rematada a proba, cando se deron a coñecer os resultados definitivos e cando xa non había opción a subsanar o erro.

Con este percance Brais quedaba cunha sensación moi agridoce, contento por voltar a competir en xavelina, pero moi triste e impotente con este gran erro.

Exit mobile version