Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa hai gañadores do I Desfile Dixital de Entroido do Concello de Viveiro

Viveiro, 20 de febreiro de 2021. O Concello de Viveiro anuncia os gañadores e gañadoras do I Desfile Dixital de Entroido. Unha iniciativa posta en marcha pola concellería de Cultura co obxectivo de manter viva a tradición do entroido no municipio adaptándose ás limitacións polo contexto sanitario.

O concurso consistía en enviar unha peza audiovisual na que os participantes mostrasen os seus disfraces. O xurado escolleu como gañadores nas diferentes categorías e subcategorías ós seguintes concursantes:

Infantil Individual:
1. Eva Gloria García
2. Mónica Martínez Ríos
3. Laura Vázquez Díaz

Infantil Parella:
1. Blanca e Álvaro Insua Prieto
2. Martina e Tiago Blanco Fernández
3. Tania González Lage

Infantil Grupo:
1. El Mágico Cuento
2. Silvia Díaz Fernández
3. Uxía Quintela Día
Adulto Individual:
1. Isabel Peña Navarro
2. Israel Torre García
3. Kiko Toriza Pérez

Adulto Parella:
1. Jezabel Riveiro Ferro
2. Lara Timiraos González
3. Manuel Insua Díaz

Adulto Grupo:
1. Aspanae Centro de Día
2. Domus VI
3. Sara Navarrete Fernández

O premio de lonxevidade recaeu en Domus Vi, mentres que Colludos Asociación Sociocultural foi escollido para o premio inclusión.

Por último, nos dous premios outorgados pola veciñanza, quen puido votar na páxina web do concurso, o galardón a máis orixinal foi para Os Ratiños Confinados; mentres que o premio ao humor levouno Antonio Pérez Fra.

Dende o Concello de Viveiro, agradécese a alta participación, tanto nas persoas que enviaron os vídeos disfrazadas, como ás que votaron no concurso, así como ao xurado.

A vindeira semana contactarase cos gañadores/as para recoller os premios, que serán bonos de compra no comercio local de Viveiro.
Web do concurso: https://viveiroentroido.com/

Exit mobile version