A edil burelesa explicou que “comezou o proceso de vacinación das auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Burela. Onte, mércores, vacinaron ás menores de 55 anos coa vacina de AstraZéneca, e hoxe ás maiores de 55 coa de Pfizer. En ambos casos, precisarán unha segunda dose”.
A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “tamén, a través da Fegamp, fixemos unha solicitude para que teñan a ben vacinar ás traballadoras sociais do Concello xa que, dende un primeiro momento incluso no estado de alarma de marzo, estiveron traballando. Fan visitas domiciliarias e reciben a moitos usuarios. Entón, do mesmo xeito que as traballadoras sociais dos centros de saúde están vacinadas, facemos un chamamento para que o Sergas tamén as teña en conta”.