Site icon Crónica3.com A Mariña

Arias recibe aos distribuidores de hostalaría nunha xuntanza na que lles avanzou o próximo plan de axudas

 Lugo, 08 de febreiro de 2021. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación de Lugo (Adislugo). Arias Fouz recibiu a varios integrantes da directiva desta asociación, cuxos representantes se mostraron agradecidos pola atención e receptividade da Xunta, e tamén pola reunión mantida con Javier Arias, a terceira desde o mes de novembro.

Se as reunións anteriores serviron para coñecer as propostas desta asociación e explicarlles as liñas de axudas do primeiro plan de rescate da Xunta, na de hoxe, Javier Arias avanzoulles os programas de axudas que contemplará o segundo plan. Así, o delegado explicoulles que a Xunta activará o antes posible o segundo Plan de rescate para continuar concedendo axudas directas coa máxima urxencia, e que estará dotado de 75 millóns de euros para autónomos, microempresas e hostaleiros, que se suman aos máis de 86 do primeiro plan. Tamén lles trasladou que o obxectivo do Goberno Galego é pór en marcha un plan que chegará a máis persoas, con menos requisitos, con xestións máis rápidas e que supón, ademais, axudas directas acumulables co primeiro plan de rescate.

O delegado territorial asegurou ademais que a Xunta é das poucas administracións que formulou este tipo de axudas e que mobiliza máis de 160 millóns de euros para os sectores máis afectados pola crise.

Exit mobile version