A Mariña, 25 de febreiro, 2021. Somos máis de 60, as mulleres que estamos impulsando, e dándolle forma ao 8 de marzo nos Concellos de Cervo, Foz, Burela, O Valadouro, Barreiros e Ribadeo.
O eixo que priorizamos o pasado ano revelouse como irrrefutábel: As nosas reivindicacións son máis urxentes que nunca e é por iso que decidimos insistir neste ano que SEN COIDADOS NON HAI VIDA. Mulleres en Folga: Esenciais, Precarizadas e Fartas
Desde o mes de xaneiro son moitas as xuntanzas, os debates e as actividades postas en marcha:
– Nos Concellos de Cervo, Valadouro e Burela estase creando material audiovisual: vídeos de maior ou menor tamaño con testemuñas de mulleres/lemas creados por elas que conteñen experiencias propias: os seus dereitos aforcados, as súas vidas sobrecargadas, as razóns que as moven para reivindicar unhas vidas nas que a desigualdade non sexa a música de fondo. Material que está feito desde o AMOR pola VIDA e a INDIGNACIÓN pola desigualdade.
Cervo: Doble actividade en San Cibrao Manifestación que partirá ás 12:00 da Praza da Casa da Cultura ata a zona do IES e volta ao mesmo punto de saída
Ás 20:00 acto na Praza da Casa da Cultura.
Valadouro: Concentración na praza de Sta María ás 19:00 (disporán dun tendal para que as mulleres que non poden parar ese día colguen alí o seu mandil)
Burela: Concentración ás 20:00 na Praza do Concello (a praza ambientarase con mandís e lemas).
No Concello de Barreiros, tamén optaron por o formato audiovisual, neste caso un video teaser (recurso de corta duración que busca manter a intriga no que irán desvelando o traballo previo). Este vídeo publicarase nas redes sociais a semana previa ao 8M. Buscan animar á veciñanza a apoiar as súas demandas no acto reivindicativo que terá lugar na Praza do Concello ás 20:00
No Concello de Ribadeo, as actividades encamiñáronse hacia a pedagoxía feminista:
A elaboración dunha muiñeira feminista ca colaboración de mulleres de Chantada e actividades para que o alumnado dos colexios e institutos reflexionara sobre o ICEBERG dos COIDADOS e o AMOR DO BÓ.
Chapas e mandís con lemas farán visibles as súas reivindicacións: A VIDA HUMANA NON SE PODE SOSTER SEN O TRABALLO DE COIDADOS…
Chaman ás mulleres a apoiar a manifestación que partirá ás 18:00 do aparcamento de camións próximo ao I.E.S Dionisio Gamallo e atravesando Avda de Galicia e Avda de Asturias chegará ao Concello onde darán lectura a un manifesto.
No Concello de Foz as ondas de radio recollerán testemuñas de mulleres que están, que están SEMPRE, porque os seus traballos son esenciais: mulleres caixeiras, mulleres enfermeiras, mulleres coidadoras non profesionais…
Tamén darán voz ás mulleres inmigrantes, e así poñer sobre a mesa a doble opresión, a doble inxustiza que atravesa a unha persoa: por muller e por inmigrante.
Porque o 8M é PARA TODAS e POR TODAS.
As árbores e as farolas da vila lucirán feminismo, recordarannos que a desigualdade e o machismo tamén son pandemias.
Concentración ás 12:00 na Avda. da Mariña.
Queremos facer un chamamento-convite para que todas as fiestras e todos os balcóns das vilas luzan, presuman e reivindiquen a través do símbolo principal dos traballos feminizados: mandís, batas de traballo, uniformes… así, servirán tamén para que,aquelas que non poden/queren ocupar o espazo público, se fagan ouvir.
Alentamos a todas as mulleres a acudir ás mobilizacións e encher as rúas de reivindicacións feministas, organizarémonos en columnas, tendo moi presente o uso da máscara.
Pedimos que se respeten os espazos non mixtos de mulleres na cabeza das manifestacións e concentracións (Os homes que queiran apoiar a causa deben facelo desde un lugar secundario, nunca protagonizando).
Consideramos imprescindíbel a mobilización na rúa e que as reivindicacións do feminismo sexan desde XA prioritarias á hora de afrontar a actual realidade social, e esixir tamén que a VIDA se coloque no centro.
Encheremos o espazo público cunha resposta clara e necesaria, estamos cheas de razóns para non quedar na casa.