Son estruturas lixeiras para o transporte e de fácil montaxe e desmontaxe, que contan ademais coa instalación necesaria para colocar focos LED, xunto con catro tomas de corrente. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo entrega do material e lembrou que a Administración galega vén de dotar de diverso equipamento de emerxencias a 13 concellos lucenses, no marco das diferentes liñas de colaboración que mantén a Xunta coas agrupacións de Protección Civil.