“Malia ser un ano marcado pola crise sanitaria e as restricións para evitar unha maior propagación da Covid 19, demos continuidade a todas as programacións que se viñan desenvolvendo na área de Cultura e puxemos en marchas outras coas que tratamos de dar osíxeno a un sector profesional moi prexudicado pola pandemia e dinamizar culturalmente as comarcas”, valorou a vicepresidenta, que agradeceu “a implicación de concellos e asociación culturais no desenvolvemento das programacións”
“Non cancelamos, como nos reclamaban desde a cultura, se non que optamos por actos con capacidade reducida, calendarios flexibes e formatos en liña para manter a actividade en condicións de seguridade, como teremos que seguir facendo nos meses que temos por diante”, anticipou.
Maite Ferreiro detallou que “mantivemos os circuítos de teatro profesional e afeccionado, con máis de 80 actuacións repartidas por toda a provincia, e o Musiqueando, con corenta actuacións de grupos tradicionais, bandas e corais. E impulsamos programacións novas, para reforzar a proxección de datas moi relevantes para a cultura e a identidade como o Día de Rosalía ou o Día das Letras Galegas, nas que incidiremos de novo este ano para contribuír a consolidar estas efemérides na axenda dos concellos e dos colectivos culturais”.
A vicepresidenta tamén subliñou a aposta pola difusión da creación audiovisual, literaria ou plástica. Asi, lembrou “organizamos proxeccións dos filmes “María Solinha” de Ignacio Vilar ou “Nación” de Margarita Ledo en distintas localidades da provincia, lanzamos o programa de promoción da lectura Muralla de Letras e impulsamos intervencións artísticas en distintos centros educativos e espazos culturais”.