Site icon Crónica3.com A Mariña

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, trasladoulle este xoves ao capitán marítimo de Burela, Fernando Otero, a súa felicitación porque, grazas á súa xestión e á implicación do persoal da capitanía, púidose manter a actividade deste servizo sen interrupcións e comezar o ano co traballo ao día a pesar dos efectos da pandemia

A subdelegada, que mantivo esta mañá unha xuntanza telemática co capitán marítimo, lembrou que o labor da Capitanía Marítima de Burela é fundamental en materia de seguridade marítima, así como no referido a trámites como as certificacións dos buques e das titulacións de tripulantes, que son obrigatorias para que éstos poidan embarcarse.

Exit mobile version