No pasado mes de novembro este colectivo xa denunciara públicamente a falta dun dos tres profesionais que forman o cadro facultativo do servizo, por mor dunha excedencia, quedando a comarca moi deficitaria nesta prestación, básica e cunha alta incidencia e prevalencia, tanto de patoloxía que require seguimento, coma de eventos urxentes que fan perigar a vida das persoas.
Desde A Plataforma Sanitaria da Mariña esiximos á xerencia que se repoña e restableza o servizo de cardioloxía, polo menos ao seu nivel previo a setembro de 2020, un nivel que xa era precario e que xa foi denunciado aos medios, máis “nestes momentos a situación é crítica e precisa que se tomen medidas urxentes sen máis dilación”, denuncia a coordinadora da plataforma.
Lembrámoslle ao Sergas e ao gobernó da Xunta que situacións coma esta veñen facéndose públicas desde hai anos, e mesmo queremos destacar a cantidade de falacias que obtivemos por respostas, chegando a declarar que en caso de ser necesario virían especialistas do HULA a traballar ao hospital da Mariña. Nada máis lonxe da realidade, cando comprobamos que están a “deixar un deserto un servizo esencial e prioritario, mesmo sabendo que no HULA existe una plantilla de máis de vinte profesionais”, conclúen.
Para máis información chamar a Montse Porteiro 615187637 ou a Víctor Vila 677343429