Site icon Crónica3.com A Mariña

A edil de Medio Ambiente de Cervo, Mali Méndez, entregou este mércores as árbores froiteiras e autóctonas aos veciños e veciñas que quixeron participar neste pedido conxunto, que dende o Concello se leva tramitando dende hai máis dun lustro

Méndez subliñou que con iniciativas coma esta o que “pretendemos é abrir camiño á veciñanza para que as súas fincas sexan cada vez máis produtivas”. Ó ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, -precisou- “un importante aforro”. Nesta ocasión foron especies moi variadas: maceiras, pereiras, castiñeiros, nogueiras, laranxeiras, figueiras, carballos, etc. O número de exemplares entregados, que vai en aumento ano tras ano, foi nesta ocasión de 161, solicitados por unha vintena de veciños.

Exit mobile version