Burela, 15 de febreiro de 2021. A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, rexeita as críticas vertidas nas últimas horas desde o Partido Popular e aclara que o proceso de vacinación das traballadoras do SAF está en marcha e segue o curso previsto.
A edil burelesa explicou que “o día 2 de febreiro recibimos da Fegamp un mail solicitando a nosa colaboración para organizar o proceso de vacinación da covid19 do persoal do SAF, adxuntando un modelo que se debía remitir antes do 16 de febreiro”.
Carmela López dixo que “ese mail supuxo moita alegría, e no mesmo momento foi comunicado a todas as traballadoras do SAF, tanto de libre concorrencia como de dependencia, xa que era algo que agardábamos con moita ansia e do que levamos tempo interesándonos e pendentes”.
A concelleira de Servizos Sociais seguiu a relatar que “o día 9 de febreiro envíase o listado á Fegamp, cun total de 24 traballadoras, que previamente asinaron ademais un documento de consentimento para recibir a vacina. Recibimos a confirmación da Fegamp, que nos informa de que o día 11 de febreiro envía dito listado ao Sergas e queda tramitado. O trámite coa Fegamp fíxose en tempo e forma. Antes de facer unha nota de prensa faltando á verdade, deberían informarse ben”.
López sinalou que “eu son nova nisto da política, pero teño claro que se continúo, cando me toque estar do outro lado, farei unha oposición totalmente distinta á que está exercendo o grupo popular”.
E engadiu: “despois dun ano á fronte dos Servizos Sociais do Concello de Burela e cun equipo de traballo exemplar, o funcionamento do servizo é o que nos avala e as notas de prensa deste tipo non o van a ensuciar”.