Site icon Crónica3.com A Mariña

Trala decisión dos traballadores de Alcoa de desconvocar a folga, Isabel Rodríguez felicítaos porque a súa responsabilidade facilita que se retomen as negociacións para a venda da empresa

 Lugo, 22 de xaneiro de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, felicítase polo apoio dado polos traballadores de Alcoa ao preacordo que permitirá retomar as negociacións para a venda da fábrica.

“Co seu respaldo maioritario ao preacordo para levantar a folga e retomar as negociacións, os traballadores facilitan o comezo do diálogo para a venda da planta e fan unha demostración de responsabilidade na loita polo mantemento da empresa e os postos de traballo, tan importantes para a comarca da Mariña e”, destacou a subdelegada.

Isabel Rodríguez lembrou que os traballadores de Alcoa contan co respaldo do Goberno, que sempre estivo implicado na busca de solucións de futuro para a empresa e na defensa do emprego. Neste sentido, a subdelegada expresou o seu desexo de que a vontade de diálogo amosada polos traballadores permita abrir, por fin, unha vía de solución ao conflito.

Exit mobile version