Site icon Crónica3.com A Mariña

Por terceira vez, o BNG de Viveiro reitera a colocación urxente de barreiras de contención na CP-6502

Viveiro, 9 de xaneiro, 2021. En xaneiro de 2020 reclamábamos medidas de seguranza e contención para esta vía. En maio do mesmo ano reiterábamos esta gran necesidade. Hoxe, unha veciña resulta ferida leve na CP-6502.
Instamos de novo a Jose Tomé, como presidente e responsábel da área de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, e a María Loureiro, como alcaldesa mais tamén como deputada polo PSOE na Deputación, a actuar con urxencia nesta estrada de titularidade provincial instalando barreiras de protección e a pór en marcha a realización dunha auditoría de calidade permanente do estado das estradas da Deputación.

Exit mobile version