Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Abadín critican a indefenrecia do Alcalde e do seu goberno ante os problemas dos veciños

Abadín, 15 de xaneiro de 2021. A Agrupación Socialista de Abadín criticou novamente a actitude prepotente, autoritaria, déspota e tirana que executa o Alcalde de Abadín do PP, José María Rancaño, trala celebración da sesión plenaria extraordinaria celebrada onte (xoves), a petición do Grupo Socialista.
Pablo Díaz explicou que “forzamos unha convocatoria plenaria para que se debateran asuntos prioritarios para ás veciñas e veciños do Concello de Abadín como son as mellora do servizo de pediatría ou a creación da residencia de maiores na vila, pero unha vez máis, lamentablemente atopámonos coa indiferencia do Alcalde e de todo o seu Goberno. Que cada vez que se presenta un problema miran cara outro lado, a ver si aparece alguén para resolvelo”.
O Voceiro Socialista sinalou que “en primeiro lugar defendédemos unha moción para demandar melloras no servizo de pediatría, antes as carencias que sufrimos, xa como denuncian as propias familias as horas de asistencia son insuficientes e o responsable da consulta é un médico de familia. Pero esta proposta foi rexeitada polo Alcalde e o seu Goberno. Polo tanto entendemos que tanto o Alcalde como os seus concelleiros comparten as carencias que existen na actualidade en Abadín”, lamentou.
“O mesmo ocorreu coa moción que presentamos para a creación da residencia de maiores no noso Concello, que non contou co respaldo do PP. Segundo os últimos datos publicados dos preto 2.360 habitantes, máis de 1.000 teñen máis de 65 anos na nosa vila. Por iso consideremos urxente dispoñer dunha nova dotación asistencial que atenda ás demandas do noso Concello, como xa ocorre noutro concellos desta provincia. Pero no Pleno comprobamos unha vez máis que o benestar dos nosos maiores non esta nas prioridades do PP”, dixo Díaz.
Contas xerais do 2019
Por último, sobre as contas xerais do 2019 “o Grupo Socialista votou en contra, xa que non estamos de acordo de como se executan os orzamentos, é dicir os fondos público. Propoñemos que deben ser dirixidos a políticas para fomentar o emprego, fomentar a natalidade e axudas para asentar e fixar poboación no rural”, resumiu o Voceiro.

Exit mobile version