Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Reis Magos dirixiron este martes unha mensaxe ás nenas e aos nenos de Ribadeo desde o salón de plenos do Concello, onde foron recibidos polo alcalde, Fernando Suárez, e polo son das gaitas

Ata alí foron despois de pasar polo palco da música, situado no parque de San Francisco, onde os máis pequenos e pequenas da casa puideron velos esta tarde mantendo todas as medidas de seguridade en vigor, que veñen marcadas pola pandemia do covid. Agora toca deitarse cedo para que os Magos de Oriente comecen o seu traballo.

Exit mobile version