O cribado diríxese a traballadores e traballadoras do sector servizos (comercio, supermercados, hostalaría, farmacias, gasolineiras, perruquerías…), entendendo que se trata dos colectivos máis expostos.
As probas realizaranse este domingo 10 de xaneiro, ao longo de todo o día, no pavillón municipal. Todas aquelas persoas interesadas en realizar a proba deben anotarse chamando ao teléfono 676877799 ou no correo electrónico covid@viveiro.es antes das 21:00 horas do venres 8 de xaneiro de 2021. Tamén poden anotarse na Casa do Concello, o venres 8 de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
No momento de anotarse debe facilitarse nome e apelidos, DNI, número de teléfono e actividade que realiza. O SERGAS encargarase de chamar a cada persoa para indicarlle a hora á que deben presentarse.
Dende o Concello de Viveiro, recoméndase encarecidamente a todas aquelas persoas que traballen nos colectivos mencionados que colaboren na realización deste cribado. O goberno local recorda que a súa participación axudará a frear, á maior brevidade, o aumento de contaxios en Viveiro.
Aproveitando a realización deste cribado, tamén se realizarán probas PCR ós traballadores/as de axuda no fogar, ós empregados/as da Asociación de Alzheimer e ao departamento de Servizos Sociais, xa que este colectivo está en contacto continuo con persoas vulnerables.