Castiñeira manifesta: “Este formato de teletraballo é especialmente útil, por un lado para evitar contaxios internos, e, por outro, para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar dos traballadores da Deputación. Por iso pedimos que, cando menos, se estableza a posibilidade de teletraballar o 50% da xornada a aqueles traballadores e traballadoras con fillos en idade escolar e persoas dependentes ao cargo, polo menos ata que se normalice a situación”.
Á vista de experiencia, os populares ven “que na actual situación da pandemia non foi unha boa idea volver atrás en canto ao teletraballo e debemos dar esa posibilidade polo menos ata que estea vacinada a maior parte da poboación e especialmente os traballadores da Deputación”.