De todos xeitos, coas persoas que agora mesmo xa están apuntadas xa se ve cumprido o obxectivo deste cribado, que era detectar casos asintomáticos e coñecer a incidencia que hai no municipio e, como consecuencia, aplicar restricións máis duras, de ser necesarias.
Dende o goberno municipal agradécese a elevada participación, “pois cremos que coa colaboración de todos os veciños e veciñas de Viveiro vamos a conseguir frear a cadea de contaxios e superar esta situación”.