Sabemos que o éxito e o valor destas actividades non só é pola práctica deportiva, senón por ser un lugar de encontro e onde relacionarse, algo fundamental en concellos pequenos e rurais coma o noso. Está claro que a situación actual non recomenda para nada estas reunións sociais pero no que respecta á práctica deportiva non temos porque abandonala cando se conta con medios para ofrecer alternativas.
A Delegación de Deportes de Alfoz, dirixida por César Marrube, anuncia que todas as modalidades deportivas: ioga, aeróbic, ximnasia de mantemento, baile, patinaxe e fútbol serán impartidas polos correspondentes monitores e monitoras a través de vídeos coas sesións de exercicios que se farían na clase “normal” e coas indicacións necesarias para a súa correcta realización. Estes vídeos enviaranse aos grupos de Whasapp de cada modalidade para poder continuar traballando desde as súas casas.
Comunícase tamén que se suspende o pago das cuotas das Actividades Deportivas para Adultos ata que se reanuden de xeito presencial as clases de ioga, aeróbic, ximnasia de mantemento e baile. As Escolas Deportivas Muncipais son gratuítas polo que non afecta este aspecto.
A Delegación de Deportes de Alfoz espera que a iniciativa sexa ben acollida polos usuarios e usuarias como medida temporal ata que as cousas melloren e se poida voltar ás clases presenciais, tamén pide desculpas a aqueles usuarios que non contan con servizo de whasapp, que aínda que se trata de casos moi puntuais, é certo que non chegaría ao 100% polo que se está a falar con eles e mirar posibles alternativas.