O investimento destas obras, financiadas integramente polo Concello, é duns 16.500 €uros, dos cales 4.500 corresponderon á Igrexa de Monte e 12.000 € á de Xove. Estas actuacións permitirán unha mellor presenza exterior e unha mellor conservación interior das dúas igrexas, evitando as humidades que tanto dano fan as estruturas interiores como aos distintos elementos (esculturas, retablos,…) que as ornan.