Queixas da sociedade de Lourenzá
Os nacionalistas recollen tamén as queixas da sociedade laurentina que ve con estupor como desde a Dirección Xeral de Patrimonio permiten nesta obra a colocación de materiais coma chapas metálicas como solución para os próximos catro anos nun Ben de Interese Cultural, cando no caso de obras de particulares a supervisión é moito mais estricta.
Obra necesaria, e necesario tamén respectar os criterios de intervención da propia DXP
Desde o Bng laurentino, Áurea Vázquez e Enrique Rocha apuntan tamén que “esta é unha obra de extrema necesidade ao levar varios anos nun penoso estado de conservación,máxime cando é un BIC, emblema do noso concello, e alberga tamén o Museo de Arte Sacro, o Museo da Faba, a Oficina de Correos, a Casa Consistorial e mais dependencias civís, pero eso non xustifica que a administración autonómica permita o feito de que se poida reparar un inmoble de tanto valor patrimonial con chapas metálicas e que estas poidan permanecer ata un período de catro anos”
Recollendo todas estas preocupacións e demandas, Daniel Castro manifestou que “presentamos esta proposición non de lei para que o Parlamento inste á Xunta de Galiza a revisar a elección dos materiais empregados na reforma da cuberta do Mosteiro de San Salvador e reducir o prazo máximo de permanencia de dita reforma de catro anos a dous. Queremos que esta obra se faga o mais rápido posible pero respectando tamén os criterios de intervención marcados pola propia DXP”