Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro apoiou a moción de “Crer en Nós” para a baixada do IVE na estética e salóns de peiteado

Viveiro, 7 de xaneiro, 2020. O BNG de Viveiro apoiou no pleno municipal a moción da plataforma “Crer en Nós” para reclamar ao Goberno do Estado a reducción do IVE ao 10% no sector de beleza ao seren un servizo de primeira necesidade e que así se constatou na corentena de marzo onde foi considerado como esencial.

Esta iniciativa levouna o BNG ao Congreso dos Disputados da man do seu portavoz Néstor Rego, após de reunirse coas principais representantes do sector de imaxe persoal na Galiza, entre as que se atopan Luisa Carballo e Ángeles Salgueiro, integrantes da plataforma Crer en Nós.

O BNG defendeu a demanda da plataforma presentando unha emenda ao proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado 2021, reclamando a devolución do IVE reducido do 10% ao sector por servizo de primeira necesidade, destacando que os salóns de beleza teñen unha labor máis aló do estético encargándose de proporcionar servizos de hixiene a aquelas persoas que non se poden valer por si mesmas.

Foi en 2012 cando o Goberno do Partido Popular, presidido por Mariano Rajoy, decidiu incrementar o IVE provocando que os salóns de peiteado que pagaban o 8% de IVE pasaran a pagar o 21%. O mesmo fixo coa estética, pasándoo do 16% a pagar 21% de IVE.

Con esta rebaixa do IVE, facilitaríase que estes locais continuaran abertos e puidesen manter os postos de traballo e seguir pagando impostos, evitando así, o aumento da economía somerxida no sector, o que ademais serviría como medida de fomento do consumo.

Exit mobile version