Site icon Crónica3.com A Mariña

Hostaleiros de Ribadeo critican as medidas da Xunta colgando as chaves dos seus negocios ás portas do Concello

 Ribadeo, 13 de xaneiro de 2021. Hostaleiros de Ribadeo amosaron este mediodía o seu rexeitamento ás novas restricións decretadas pola Xunta de Galicia, que consideran “moi prexudiciais para o sector”. Fixérono acudindo á Casa do Concello, “onde colgamos simbolicamente as chaves dos nosos locais, para que Alberto Núñez Feijoo as recolla”, explican desde Acisa o seu presidente e o vicepresidente, Francisco Iriarte e Roberto Rivas.
Desde Acisa sinalan que “co peche da hostalería ás seis da tarde a maioría dos negocios están condenados ao peche, co que iso suporá para os seus propietarios, os seus traballadores e as súas familias, aos que se unirán as empresas de distribución, os produtores locais, etc… levamos un ano desastroso, con normativas cambiantes cada pouco tempo, tentando adaptarnos en cada momento e agora impóñense novas restricións. Isto para moitos vai a ser a gota que colme o vaso”.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos critica “a criminalización que se está a realizar do noso sector e a falla de axudas directas. Todos son parches e solo con parches os negocios non se poden manter”. Desde Acisa demandan “maiores controis por parte das administracións para que todos os negocios, asociados e non asociados, cumpran coas normas sanitarias en vigor en cada momento e axudas reais”.

Exit mobile version