Site icon Crónica3.com A Mariña

Homenaxe á imprenta Sucesores de Mancebo de Mondoñedo polos 150 anos de funcionamento

 Mondoñedo, 30 de decembro, 2020. Hoxe, ás 17h tivo lugar no Salón de Plenos do Concello un homenaxe á Imprenta Sucesores de Mancebo de Mondoñedo por parte da ACIAM e o Concello de Mondoñedo.

O homenaxeado foi D. Fernando López, propietario da citada imprenta, que asistiu ao acto acompañado de D. Jesús Robles, compañeiro de traballo na imprenta, e membros da familia do homenaxeado.

Por parte do Concello de Mondoñedo asistiu á mesma D. Manuel Ángel Otero Legide, Alcalde-Presidente, D. Manuel Tapia Rivera, Concelleiro de Industria, Dna. Esperanza González, Portavoz do PSOE no Concello de Mondoñedo e D. Eloi Cabanas, Portavoz do BNG no Concello de Mondoñedo.

Por parte da ACIAM asistiron D. Ángel Marful Castañal, Presidente da ACIAM.

Tras do acto no Concello, tivo lugar unha visita ao Museo da Imprenta na que D. Fernando levou a cabo unha explicación precisa das máquinas que garda o mesmo, do uso das tipografías e doutros aspectos expostos no museo. Neste mesmo acto, o Sr. Alcalde, fíxolle entrega dunha Catedral de Mondoñedo, en cerámica de Sargadelos, como agasallo pola conmemoración do acto.

Hai que lembrar que Mondoñedo foi pioneiro na imprenta en Galicia, sendo a segunda cidade que contou con ela. Na nosa cidade tamén se imprimiu un incunable en 1495, titulado Breve Forma de Confesión, escrito por Alonso de Madrigal.

O momento de maior esplendor da imprenta na cidade foi o século XIX e a primeira metade do século XX con un gran número de talleres en funcionamento. Con edición de xornais e revistas así como pasquíns de todo tipo.

A homenaxe a esta institución Imprenta Sucesores de Mancebo enmárcase na conmemoración dos 150 anos desta empresa en funcionamento en Mondoñedo.

Exit mobile version